19.6.13

Maratón de escalada

Xuntanza/maratón de escalada no Cañon do Sil
O 6 de Xullo, temos unha cita no cañon, unha cena/churrascada..., pero antes, ¡12 horas de escalada! a ver que parella consigue sumar mais puntos.

Obrigatorio estar federado (que cubra escalada), que a lo menos un membro da cordada sexa socio do clube e coñecer os principios básicos de progresión e seguridade en escalada. As 08:00h da maña, presentación e entrega da ficha de participación, 9:00h comenzo da proba e seguiremos escalando ata as 21:00h. Ó acabar cena no cañon ou inmediacions (todavía por determinar). Proporcionaráse uns croquis por cordada actualizados do cañon coas vías puntuables. A inscripción e realización da proba será por parellas.

A inscripción son 10 € por cordada mais o importe da cea, inclue  sorteo de regalos.
 


No hay comentarios: